martes, 3 de febrero de 2015

Contos Dakí. Avelino González

O pasado venres volvimos a contar coa presenza de Avelino González na nosa sesión mensual de Contos Dakí. Foi como sempre un pracer escoitar as súas historias, que nesta ocasión xiraron ao redor das mulleres... contos de mulleres de todo tipo, dende as que son quen de curar ós nenos só coa súa presenza, a famosas cantantes de ópera conquistadas (ou non) por fomentadores vigueses, sen deixar de lado ás que buscan axuda de pastecos pontevedreses para facer virguerías ou fermosas mulleres vítimas de encantamentos que teñen aspecto de vellas noxentas.

Contos que como sempre nos arrincaron sorrisos e gargalladas, mesmo algún tamén as cores, e cos que nos levamos unha valiosa lección: que o que queren as mulleres é facer aquilo que desexan.

Contos Dakí
Próxima sesión: venres 27 de febreiro ás 19.30h
Conta: Soledad Felloza

No hay comentarios:

Publicar un comentario