lunes, 28 de abril de 2014

Entre arrolos e contiños. Os contos do chupete

O pasado sábado tivemos unha nova cita con Bea Campos e David González, que nos trouxeron os seus Contos do Chupete.

Despois de cantar o "Arrorró", a nosa canción de benvida, fomos perseguindo ao ritmo da música do acordeón ao noso amigo Frederick, que estaba agochado nos máis insospeitados lugares: nun zapato, nunha cova, no medio da herba, nunha botella... Tamén recordamos a historia dos Sete Cabritiños e o Lobo, e fomos testemuñas de como unha verdadeira princesa non é capaz de durmir nunha cama na que baixo 20 colchós hai agochado un minúsculo chícharo...

Rematamos a sesión como sempre con música, primeiro seguindo os pasos de Catarina e o Oso polo mundo, primeiro a dúas patas, despois a tres, a catro... E puxemos punto e final cunha canción tradicional, neste caso de Portugal: así, ao ritomo do Galo Loiro despedímonos ata a seguinte sesión.


Tedes todas as fotos desta mañá Entre arrolos e contiños no álbum da Biblioteca Neira Vilas.



Entre arrolos e contiños. Os contos do chupete
Próxima sesión: sábado 24 de maio ás 12.00h
*Inscrición: a partir do 2 de maio ás 10.30h



jueves, 24 de abril de 2014

Día Mundial do Libro



Onte conmemoramos na Biblioteca Xosé Neira Vilas o Día Mundial do Libro, que cada 23 de abril conmemora a morte de autores como Shakespeare, Cervantes ou Inca Garcilaso de la Vega, e co que a UNESCO pretende alentar a todos, e en particular aos mozos, a descubrir o pracer da lectura e a valorar as irremplazables contribucións daqueles que impulsaron o progreso social e cultural da humanidade.


Así, pola mañá, visitáronnos os cativos e cativas da Escola Infantil Los Pitufos, cos que compartimos unha morea de contos e historias coas que alimentar as nosas barrigas e sobre todo a nosa imaxinación! Aprendimos a identificar as nosas emocións, descubrimos que os animais non son sempre o que parecen ou comprobamos as vantaxes de ser cativos como o pequeno Iyoké. Tamén acompañamos ao pequeno Nadarín na súa viaxe polo fondo do mar, onde descubrimos animais marabillosos; bailamos ao ritmo de Susa Herrera e Mamá Cabra, e para rematar, enchimos un mar de peixes e seres mariños para facer compañía ao noso peixiño negro. E todo sen movernos do sitio, grazas ao poder evocador dos contos da biblioteca!


Pola tarde, o grupo do Club de Lectura deleitounos coa lectura pública dos poemas dunha muller da que non soubemos a identidade ata finalizar o acto. Descubrimos así, a cegas, os versos dunha poeta cuxa obra para o público adulto é, de maneira inxusta, unha gran descoñeida. Achegámonos a unha poesía cuxa efectividade expresiva reside no seu carácter marcadamente oral e nun buscado desaliño. Nos seus versos, recorre á ironía, os xogos de palabras, os ripios, para tratar sobre temas universais como a soidade, o amor... Tratábase de Gloria Fuertes, á que vos convidamos e recomendamos achegarvos. Para ir abrindo boca, aquí vos deixamos algúns dos seus versos:

"Me manifiesto en poesía
para tardar menos
en deciros más."

"He descubierto que a pesar de todo te amo.
... pero 'como a mí misma', ¡ni hablar!"


E para rematar, deixámosvos co Manifesto en favor da Lectura que neste ano 2014 correu a cargo da escritora Almudena Grandes:

Todos somos Robinsón

"Escribir un libro es inventar una isla desierta, modificar con un punto apenas perceptible el mapa de los sentimientos, de las emociones humanas, para desear fervientemente un naufragio, la llegada de ese Robinsón desnudo y desarmado que somos todos los lectores cuando abrimos por primera vez un libro.
Yo he creado algunas de esas islas, pero he colonizado muchísimas más. He nadado centenares, quizás miles de veces, hasta el barco, y he vuelto remando, con madera, con lienzos, con comida, con armas y municiones para defender mi casa. Y en muchos de esos viajes, un grano de trigo ha caído en la tierra sin que yo me diera cuenta, y el sol y la lluvia lo han hecho germinar, y ha crecido una espiga para que yo pudiera cosecharla, y molerla, y fabricar por fin mi propio pan, un pan que me ha alimentado mucho más que las tostadas que desayuno todos los días. Yo he aprendido muchas más cosas en los libros que en la vida, y he sido feliz, y desgraciada, y me he reído, y he llorado, y me he asustado, y me he emocionado, y me he enamorado, y me he desenamorado muchas más veces, porque los libros viven, laten, palpitan con su propio corazón. La literatura es el telar donde Penélope teje cada día con los hilos de la vida humana el sudario que desteje cada noche para empezar otra vez, apenas sale el sol, desde hace miles de años.

La lectura y la escritura son dos caras de la misma moneda, una isla desierta y su náufrago. Yo lo sé bien, porque fueron los propios libros quienes me abocaron a escribir libros, y si antes no hubiera vivido leyendo, nunca habría podido empezar a escribir. Cuando descubrí la extraordinaria capacidad de la literatura para multiplicar y enriquecer mi vida, la prodigiosa generosidad con la que desplegaba ante mis ojos una infinidad de aventuras, de lugares, de identidades múltiples que sin embargo eran capaces de superponerse sin conflicto alguno a mi propia identidad, para coexistir con el tiempo y el espacio de mi vida verdadera, me enganché a los libros como otros se enganchan al ejercicio físico, al alcohol, a la velocidad o a la música. Y si alguna vez, aquel fervor se identificó con la necesidad de autoafirmación de todos los adolescentes, pronto empezó a confundirse con el puro instinto de supervivencia de los adultos.

Eso sigue siendo tan cierto que, si en estemomento, alguien me obligara a elegir entre vivir sin leer y vivir sin escribir, estoy segura de que acabaría renunciando al oficio que he perseguido desde que era una niña que decía que iba a ser escritora. Porque tal vez sería capaz de llegar a ser feliz trabajando en otra cosa –una librería literaria, una papelería bien surtida de rotuladores y lápices de todos los colores, una ferretería empapelada de cajoncitos con tuercas y tornillos, o una huerta- pero, para mí, vivir sin leer ya no sería vivir, sino un sucedáneo insoportable de la vida.

¿Quieren ustedes vivir? Lean.

¿Quieren vivir más años, con más intensidad, más variedad, más alegría? Lean más.

Déjense llevar por las eternas mareas de una pasión inmortal y no teman a las olas. Al otro lado de cualquier océano siempre hay una playa, una isla, un mundo completo que sabrá llamarles por su nombre y un grano de trigo que les está esperando."

---
Podedes consultar todas as imaxes das distintas actividades realizadas no día de onte no álbum da biblioteca.

miércoles, 16 de abril de 2014

Semana Santa


Lembrámosvos que a Biblioteca Neira Vilas permanecerá pechada os vindeiros xoves 17, venres 18 e sábado 19 de abril, retomando a súa actividade normal o luns 21 ás 17.00h.

Moitas Grazas.

Obradoiro de cabezudos

Coa chegada das vacacións escolares de semana santa a biblioteca organizou un Obradoiro de Cabezudos co que facer máis divertidas e amenas as mañás dos participantes. 

Ao longo de dúas xornadas, e co asesoramento de Anxo, da compañía de monicreques Viravolta, cada titiriteiro foi confeccionando o seu propio cabezudo: primeiro a base de cartón, con forma de cono truncado, ao que lle engadiron un nariz e un burato á altura da boca, que sería o oco polo que mirar. Despois, empapeláronos coa súa cor favorita, e pouco a pouco foron engadindo os detalles: ollos, boca, bigote, dentes... cada un ao seu gusto, ata crear un verdadeiro elenco de fantásticos cabezudos. Podedes ver todo o proceso creativo no álbum da biblioteca!

martes, 15 de abril de 2014

O sabadiño do Roque. Abril 2014

O pasado sábado, unha vez máis, tivemos ocasión de pasar unha estupenda mañá de contos na compaña de Andrea, Óscar e Roque, que recuperado xa do seu resfriado volveu a visitarnos.

Como este é o Mes do Libro na biblioteca, recordamos a importancia dos contos na nosa vida cotiá, e Andrea deleitounos cun divertido conto dun paxariño moi presumido que en canto tiña ocasión mofábase do rei...

Roque contounos que como estivo maliño non puido celebrar no cole o Día do Libro Infantil, así que entre todos contámoslle que se conmemoraba o nacemento de Hans Christian Andersen, e repasamos algúns dos seus contos máis famosos, como o Parrulo feo, o Soldadiño de chumbo, a Seríña, a Raíña das Neves...

Como sempre tivemos carta do avó Agustín, que nos plantexou un montón de adiviñas, igual que moitos dos nenos participantes, que nos retaron a resolver verdadeiros enigmas!

Para rematar, cada un dixo cal era o seu conto favorito, para que esa noite llo contasen antes de durmir, e puxemos punto e final coa canción dos parabéns para todos aqueles que ao longo do último mes estiveran de aniversario.

Xa sabedes que podedes ver todas as fotos da sesión no álbum da biblioteca.

O Sabadiño do Roque.
Próxima sesión: sábado 10 de abril ás 12.00h
*Aberto prazo de inscrición

lunes, 14 de abril de 2014

Once upon a time. Contacontos en inglés

O venres, para rematar a semana da mellor forma posible, voltamos a gozar na biblioteca cunha nova sesión de Once upon a time, que nos trouxo unha chea de historias, esta vez todas elas en inglés!

Despois de cantar (e bailar) a canción Clap your hands, coñecimos as aventuras de Lola e os lunares do seu paraugas (Lola's Dots) un día de chuvia... con música de Vivaldi de fondo, todo un luxo! Como xa era hora de merendar, seguimos con outra historia do xenial Michael Rosen, o delicioso poema Chocolate Cake, e xa coa barriga chea, rematamos a contada cun clásico de Margaret Wise Brown: Goodnight, Moon, ideal para compartir cos máis pequenos a hora de irse a durmir.

Como despedida, cantamos unha última canción e deleitámonos saboreando un sabrosísimo chocolate cake!

Como sempre, as fotos, no álbum da biblioteca.


Once upon a time.
Próxima sesión: venres 9 de maio ás 19.00h

viernes, 11 de abril de 2014

A hora dos contos. Abril 2014


A sesión de este mes de abril da Hora dos contos xirou, como non podía ser doutra forma, ao redor da celebración do Día do Libro, así que aproveitamos para facer fincpé en que o importante para gozar dos libros é buscar e atopar aquelas historias que máis nos gustan.

Desta forma coñecimos a historia de Alfonso, que buscaba o libro perfecto ata que descubriu que o mellor é buscar e ler moitas historias e quedarse co mellor de cada unha. Contamos tamén historias que nos gustan, como a de Croco ou a de Rata linda de Compostela. Esta última serviunes para cantar ademais unha fermosa canción.

Para rematar, cada participante fabricou o seu propio peto para aforrar, feito con materiais de refugallo, para que non nos pase como á ratiña, que todo o gastaba.

A hora dos contos
Próxima sesión: xoves 8 de maio de 2014

martes, 8 de abril de 2014

Contos Dakí. Avelino González



O venres pasado Avelino González volveu a arrincarnos sorrisos e gargalladas nunha nova sesión de Contos Dakí.

Desta volta, o fío condutor das súas historias foi o baile, un baile que se lle dá mellor ás mulleres que ós homes, pois polo visto eles están feitos de barro e elas de rabo de can, o que irremediablemente lles imprime unha flexibilidade especial...

Sabido este dato fundamental, percorrimos os bailes de parroquias como a de San Lourenzo ou de lugares como Baíña, onde vivían dous irmáns chepudos, o Cheghantes e o Limpamocú, que por non poder arrimarse demasiado tiñan moito éxito como bailadores, e soubemos de como un deles perdeu a chepa e como o outro gañou unha nova. 
Tamén coñecimos a historia de Florianito, o neno de pedra que aparece agarrado á cruz no alto da igrexa de Mañufe, que mira atentamente ó campo da festa, diante do palco, para aprender a bailar e non volver a perder a oportunidade de conquistar a unha moza. Rematamos coa historia de Evaristo Merdavella de Vilaboa, que bailaba moi ben, pero co que había que poñer o freno de man, xa que a forza centrípeta empuxábao sempre cara a súa parella...

Para rematar e despedir a sesión, Avelino recordou o dito popular que di aquilo de que "o home que non sabe bailar, non sabe á muller tratar", así que xa saben señores!!


Contos Dakí
Próxima sesión: venres 25 de abril de 2014
Conta: Celso Sanmartín

viernes, 4 de abril de 2014

Guías de Lectura

Presentámosvos as novas Guías de Lectura da biblioteca Neira Vilas, nas que vos propoñemos unha selección de títulos destacados dos nosos fondos cos que vos garantizamos pasar estupendos momentos na compaña das máis variopintas historias e personaxes!






Guía Azul (de 0 a 5 anos)   



Guía Vermella (de 6 a 8 anos)  








Guía Verde (de 9 a 11 anos)    



                                                






Guía Amarela (de 12 a 14 anos)








Guía Xuvenil (de 15 a 18 anos)

jueves, 3 de abril de 2014

Día do Libro Infantil. Animalario Fantástico


Onte celebramos na biblioteca o Día do Libro Infantil, que cada ano, coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen, ten como obxectivo promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.


Baseándonos no Animalario universal del profesor Revillod, decidimos crear cos nenos participantes o noso propio Animalario fantástico. Para inspirarnos, primeiro visionamos imaxes de distintos animais, tanto reais como imaxinarios, en foto e tamén aqueles representados na escultura, pintura, etc. Seguimos entrenando a imaxinación lendo a descrición dun animal mitolóxico que ten cabeza e a parte dianteira do corpo dunha aguia xigante, unhas poderosas poutas, ás e a parte traseira de león... Efectivamente tratábase dun Grifo, e foi curioso ver as distintas interpretacións que a partir só do texto, e sen ver ningunha imaxe, cada neno fixo deste fantástico animal!


Xa entrados en materia puxémonos mans á obra para que cada un preparase o seu propio animalario: tratábase de inventar un novo animal a partir de tres distintos (cabeza de, corpo de, e traseiro de), poñerlle un nome, e describir onde vive e de que se alimenta. Para rematar, deseñamos a portada, encadernamos e... listo! Timaños creado o noso propio animalario! Podedes gozar do resultado de tanta imaxinación xunta no álbum da biblioteca.


martes, 1 de abril de 2014

Día do Libro Infantil




Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano elíxese un tema e se selecciona a un autor ou autora importante do país patrocinador, co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe o cartel promocional. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, ás que como non podía ser doutra forma se suma a Biblioteca Xosé Neira Vilas: o vindeiro mércores 2 de abril organizaremos o obradoiro Animalario Fantástico, no que xogaremos a inventar animais a partir de historias narradas e a inventar historias a partir de animais de conto.



CARTA AOS NENOS DO MUNDO

OS LECTORES, a miúdo lle preguntan aos escritores como escriben as súas historias - De onde saen as ideas? Veñen da miña imaxinación, contéstalles o escritor. Ah, claro, adoita responder o lector. Pero, onde está a túa imaxinación, de que está feita e é certo que todo o mundo ten unha?
Ben, responde o escritor, está na miña cabeza, por suposto, e está composta de imaxes e palabras e recordos e rastros doutras historias e palabras e fragmentos de cousas e melodías e pensamentos e rostros e monstros e formas e palabras e movementos e palabras, ondas e arabescos e paisaxes e palabras e perfumes e sentimentos e cores e rimas e pequenos estalos e asubíos e sabores e explosións de enerxía e adiviñas e brisas e palabras. Todo iso xirando aí dentro e cantando e comportándose como un calidoscopio e aboiando e sentándose e pensando e rañando a cabeza.
Por suposto que todo o mundo ten imaxinación: sen ela, non seriamos capaces de soñar. Porén, non toda imaxinación ten as mesmas cousas dentro dela. Probablemente, a imaxinación dos cociñeiros conteña na súa maioría sabores, da mesma maneira que a imaxinación dos artistas conterá sobre todo cores e formas. A imaxinación dos escritores está principalmente chea de palabras.
Para os lectores oíntes de historias, as súas imaxinacións tamén se nutren de palabras. A imaxinación dun escritor traballa, dá voltas e dá forma ás ideas, aos sons, ás voces, aos personaxes e aos acontecementos ata convertelos nunha historia; esta historia non está composta doutra cousa que non sexan palabras, batallóns de garabatos desfilando polas páxinas. Entón ocorre que, de pronto, chega un lector e eses garabatos cobran vida. Seguen estando na páxina, seguen parecendo garabatos pero tamén están choutando na imaxinación do lector, e este dá forma e fía as palabras para que a historia agora teña lugar na súa cabeza, como tivo lugar na cabeza do escritor.
Este é o motivo polo que o lector é tan importante para unha historia como o é o escritor. Só hai un escritor para cada unha delas, pero hai centos ou miles ou incluso ás veces millóns de lectores de historias, que len no mesmo idioma que o do escritor ou que quizais ata lean traducións en moitos outros idiomas diferentes. Sen o escritor, non nace o conto; sen todos os miles de lectores arredor do mundo, o conto non chegará nunca a vivir todas as vidas que pode vivir.
Todo lector dunha historia ten algo en común cos outros lectores desa mesma historia. Separadamente, aínda que tamén dalgunha maneira xuntos, eles recrearon a historia na súa propia imaxinación: unha acción que é tanto privada como pública, individual como común, íntima como internacional.
É, posiblemente, o que os humanos fan mellor.
Seguide lendo!

Siobhán Parkinson
  Autora, editora, tradutora e 
gañadora do Premio na nÓg
Traducción: Concha Blanco


Día do Libro Infantil
Data: mércores 2 de abril ás 18.00h
*Aberto prazo de inscrición