martes, 1 de julio de 2014

Puntos de lectura

A biblioteca Xosé Neira Vilas colabora con outras entidades cedendo material de lectura para dar servizo ás persoas usuarias das mesmas.

Dende o día de hoxe póñense en marcha en diferentes entidades da cidade os PUNTOS DE LECTURA. Os libros da Neira Vilas saen da biblioteca para que a poboación que fai uso de ditos centros poidan achegarse máis doadamente a eles, ao mesmo tempo que poden atopar  novas experiencias a través das súas lecturas.

Puntos de lectura dispoñibles:

COGAMI: Confederación Galega de Persoas con Discapacidade
AFAGA: Asociación de Familias de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario