miércoles, 2 de julio de 2014

Cita a Cegas


Do 1 de xullo ao 30 de setembro a Biblioteca Neira Vilas ofrécevos a posibilidade de ter unha CITA A CEGAS co que pode chegar a ser o voso gran amor literario. Nestes meses de verán as persoas usuarias da biblioteca teredes á vosa disposición unha serie de paquetes pechados que poderedes levar a casa emprestados, sen saber o que hai dentro ata que ao abrilo desveledes por fin o seu segredo, atopándovos co que pode chegar a ser un gran descubrimento, unha decepción ou un gran amor.


Cita a cegas
Do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2014
Horario de apertura da biblioteca

No hay comentarios:

Publicar un comentario