jueves, 3 de julio de 2014

Bibliotroco. Campaña de cambio de libros por material escolar


Tal e como anunciamos hai uns días, dende o 1 de xullo e ata o 12 de setembro, tendes na biblioteca unha selección de material bibliográfico que poderedes levar para casa sempre que deixedes a cambio material escolar novo ou en bo estado.

Lembrade que a nosa finalidade é recopilar todo o material de uso escolar que nos sexa posible para despois doalo a diferentes centros da área de influencia da biblioteca e que as persoas responsables dos mesmos o poñan a disposición do alumnado que o precise.

Animámosvos a participar con nós nesta campaña solidaria.

Colabora!!

2 comentarios:

  1. Moi boa idea. ¿Ainda se poden doar libros para esta iniciativa ou xa non?

    ResponderEliminar
  2. Esta campaña solidaria ofrécevos a posibiblidade de levar o material que temos exposto a cambio de que nos deixedes material de uso escolar que doaremos despois aos centros de ensino.

    ResponderEliminar