lunes, 14 de abril de 2014

Once upon a time. Contacontos en inglés

O venres, para rematar a semana da mellor forma posible, voltamos a gozar na biblioteca cunha nova sesión de Once upon a time, que nos trouxo unha chea de historias, esta vez todas elas en inglés!

Despois de cantar (e bailar) a canción Clap your hands, coñecimos as aventuras de Lola e os lunares do seu paraugas (Lola's Dots) un día de chuvia... con música de Vivaldi de fondo, todo un luxo! Como xa era hora de merendar, seguimos con outra historia do xenial Michael Rosen, o delicioso poema Chocolate Cake, e xa coa barriga chea, rematamos a contada cun clásico de Margaret Wise Brown: Goodnight, Moon, ideal para compartir cos máis pequenos a hora de irse a durmir.

Como despedida, cantamos unha última canción e deleitámonos saboreando un sabrosísimo chocolate cake!

Como sempre, as fotos, no álbum da biblioteca.


Once upon a time.
Próxima sesión: venres 9 de maio ás 19.00h

No hay comentarios:

Publicar un comentario