miércoles, 16 de abril de 2014

Obradoiro de cabezudos

Coa chegada das vacacións escolares de semana santa a biblioteca organizou un Obradoiro de Cabezudos co que facer máis divertidas e amenas as mañás dos participantes. 

Ao longo de dúas xornadas, e co asesoramento de Anxo, da compañía de monicreques Viravolta, cada titiriteiro foi confeccionando o seu propio cabezudo: primeiro a base de cartón, con forma de cono truncado, ao que lle engadiron un nariz e un burato á altura da boca, que sería o oco polo que mirar. Despois, empapeláronos coa súa cor favorita, e pouco a pouco foron engadindo os detalles: ollos, boca, bigote, dentes... cada un ao seu gusto, ata crear un verdadeiro elenco de fantásticos cabezudos. Podedes ver todo o proceso creativo no álbum da biblioteca!

No hay comentarios:

Publicar un comentario