martes, 15 de abril de 2014

O sabadiño do Roque. Abril 2014

O pasado sábado, unha vez máis, tivemos ocasión de pasar unha estupenda mañá de contos na compaña de Andrea, Óscar e Roque, que recuperado xa do seu resfriado volveu a visitarnos.

Como este é o Mes do Libro na biblioteca, recordamos a importancia dos contos na nosa vida cotiá, e Andrea deleitounos cun divertido conto dun paxariño moi presumido que en canto tiña ocasión mofábase do rei...

Roque contounos que como estivo maliño non puido celebrar no cole o Día do Libro Infantil, así que entre todos contámoslle que se conmemoraba o nacemento de Hans Christian Andersen, e repasamos algúns dos seus contos máis famosos, como o Parrulo feo, o Soldadiño de chumbo, a Seríña, a Raíña das Neves...

Como sempre tivemos carta do avó Agustín, que nos plantexou un montón de adiviñas, igual que moitos dos nenos participantes, que nos retaron a resolver verdadeiros enigmas!

Para rematar, cada un dixo cal era o seu conto favorito, para que esa noite llo contasen antes de durmir, e puxemos punto e final coa canción dos parabéns para todos aqueles que ao longo do último mes estiveran de aniversario.

Xa sabedes que podedes ver todas as fotos da sesión no álbum da biblioteca.

O Sabadiño do Roque.
Próxima sesión: sábado 10 de abril ás 12.00h
*Aberto prazo de inscrición

No hay comentarios:

Publicar un comentario