jueves, 3 de abril de 2014

Día do Libro Infantil. Animalario Fantástico


Onte celebramos na biblioteca o Día do Libro Infantil, que cada ano, coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen, ten como obxectivo promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.


Baseándonos no Animalario universal del profesor Revillod, decidimos crear cos nenos participantes o noso propio Animalario fantástico. Para inspirarnos, primeiro visionamos imaxes de distintos animais, tanto reais como imaxinarios, en foto e tamén aqueles representados na escultura, pintura, etc. Seguimos entrenando a imaxinación lendo a descrición dun animal mitolóxico que ten cabeza e a parte dianteira do corpo dunha aguia xigante, unhas poderosas poutas, ás e a parte traseira de león... Efectivamente tratábase dun Grifo, e foi curioso ver as distintas interpretacións que a partir só do texto, e sen ver ningunha imaxe, cada neno fixo deste fantástico animal!


Xa entrados en materia puxémonos mans á obra para que cada un preparase o seu propio animalario: tratábase de inventar un novo animal a partir de tres distintos (cabeza de, corpo de, e traseiro de), poñerlle un nome, e describir onde vive e de que se alimenta. Para rematar, deseñamos a portada, encadernamos e... listo! Timaños creado o noso propio animalario! Podedes gozar do resultado de tanta imaxinación xunta no álbum da biblioteca.


No hay comentarios:

Publicar un comentario