viernes, 11 de abril de 2014

A hora dos contos. Abril 2014


A sesión de este mes de abril da Hora dos contos xirou, como non podía ser doutra forma, ao redor da celebración do Día do Libro, así que aproveitamos para facer fincpé en que o importante para gozar dos libros é buscar e atopar aquelas historias que máis nos gustan.

Desta forma coñecimos a historia de Alfonso, que buscaba o libro perfecto ata que descubriu que o mellor é buscar e ler moitas historias e quedarse co mellor de cada unha. Contamos tamén historias que nos gustan, como a de Croco ou a de Rata linda de Compostela. Esta última serviunes para cantar ademais unha fermosa canción.

Para rematar, cada participante fabricou o seu propio peto para aforrar, feito con materiais de refugallo, para que non nos pase como á ratiña, que todo o gastaba.

A hora dos contos
Próxima sesión: xoves 8 de maio de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario