jueves, 27 de febrero de 2014

Contos Dakí. Paula Carballeira. Cambio de data

Anúlase a sesión de Contos Dakí de mañá 28 de febreiro. A sesión celebrarase o venres 7 de marzo ás 19.30h


Anunciámosvos que, por motivos de saúde, Paula Caballeira non vai poder acompañarnos na sesión de mañá de Contos Dakí. Teremos que agardar para escoitar as súas historias unha semana máis, xa que finalmente visitará a biblioteca o vindeiro venres 7 de marzo, como sempre ás 19.30h.


Agardamos desculpedes este pequeno contratempo, pero de seguro seremos recompensados por unha Paula en plena forma!

2 comentarios:

  1. Ola!! Onde teño que apuntarme para asistir a estes contos?

    ResponderEliminar
  2. Boas tardes, para asistir aos Contos Dakí non é preciso anotarse, basta con presentarse na biblioteca 5 minutiños antes de que comece a sesión!
    Grazas polo teu interese

    ResponderEliminar