viernes, 27 de septiembre de 2013

Entre arrolos e contiños. Setembro 2013

Comeza o curso e na biblioteca comezan de novo as nosas actividades permanentes. Nesta ocasión regresaron a biblioteca Bea Campos e David González para contarnos un montón de contos e cantarnos moitas cancións cos seus arrolos.



A sesión comezou coma sempre coa fantástica canción de Benvida de Entre Arrolos e Contiños, que xa todos coñecemos e que cantamos xuntos,

Logo contaronnos os fermosos conto das "Botas Novas" o de "Osiño", "Pe de boca grande" e o noso favorito "Iyoke é moi pequeno". A historia dun pequerrecho que admira a todos os animais da selva polo grande, fortes e veloces que son pero descubre que ser pequerrecho tamén ten o seu lado positivo, porque así pode acurrucarse no colo da súa nai.

Para animarnos a mañá deste sábado e deixarnos coa alegría cargada para todo o fin de semana os nosos amigos sorprendéronnos coa "Samba Lelé" e co tradicional "Ondiñas veñen" que todos cantamos moi alegres e que non deixamos de cantar durante días.

Para rematar a sesión cantaron a canción de despedida de Arrolos e citáronnos para a próxima sesión.


 Entre arrolos e contiños
Próxima sesión: sábado, 26 de outubro ás 12.00h

TRADUTTORE, TRADITORE: Contacontos


O pasado sábado 14 de setembro, o noso amigo Luís Pérez de Lis ofreceunos unha sesión de contacontos en inglés.

Con esta iniciativa xunto coa mostra que bibliográfica que temos na biblioteca ata o 5 de outubro queremos celebrar o Día da Tradución que ten lugar o 30 de setembro. Unha profesión fundamental neste mundo globalizado e esencial para a comunicación entre culturas. Tamén quixemos destacar a necesidade de aprender idiomas como unha fonte de coñecemento, para descubrir outros mundos, nova xente e novas culturas.



Nesta sesión de contacontos Luís fixo un roteiro polos contos tradicionais. Así contou a Bella durminte, Os tres porquiños e a Ratiña presumida. E o finalizar puidemos ver unha versión animada dos tres porquiños.

A pesar da barreira idiomática Luis foi capaz de introducirnos dentro de cada historia e que pouco a pouco o público coñecera unha nova versión dos contos tradicionais.

De novo agradecemos a Luis Pérez de Lis esta iniciativa na que gozamos moito e aprendemos un montón de novas palabras e expresións en inglés.

viernes, 13 de septiembre de 2013

A hora dos contos. Setembro 2013

  Trini Puentes iniciou unha nova andadura na nosa hora dos contos.
 

 Estas sesións que teñen lugar o segundo xoves de mes é un modo divertido de coñecer novas historias, facer algunha actividade e gozar dunha tarde divertida na biblioteca.
 
 Nesta ocasión Trini deunos a benvida das vacacións e todos contamos o que fixemos nas nosas vacacións e como gozamos do tempo libre. Como xa pasou algún tempo dende que estivo na biblioteca por última vez, Trini cantounos unha canción para lembrarnos as normas da biblioteca e logo díxonos que este verán estivo con xente de outros países que lle contaron algunhas historias fantásticas. Estas historias son as que ela nos contará nas seguintes sesións. Pero para abrir boca contounos un conto somalí que se titula "Por que o ceo está tan arriba?" e outro da India a "Historia do crocodilo e o mono" 
 
 Logo contou a historia de catro músicos de diferentes países que viaxaban todos xuntos e as súas peripecias para sobrevivir.
 
 
  Para rematar a sesión de contos fixemos un fermoso marcapáxinas coa imaxe do crocodilo do conto hindú
 

 
A hora dos contos
Próxima sesión: xoves, 10 de outubro ás 18.00h

Achégate á Internetet. Inciación I

Coa volta ao cole a Biblioteca Neira Vilas tamén comeza coas súas actividades de formación de usuarios.


Nesta ocasión o curso de iniciación a Internet e informática que periódicamente realizamos nas nosas instalacións estaba destinado a un público sen coñecementos de ningún tipo sobre Internet ou o emprego dos ordenadores. Durante este curso ao noso alumnado aprendéuselle :

Manexo do ratón.
Utilización dun navegador e dun buscador.
Crear carpetas en Internet (Google drive)
Crear documentos en google drive
Emprego de diferentes estilos en documentos
Compartir documentos con alumnado
Outorgar permisos de lectura, edición ou comentarios
Descargar documentos en pdf
Axuntar arquivos de pdf para enviar por correo electrónico


Esta experiencia de alfabetización dixital repetirase ao longo deste ano xunto cunha segunda parte para a xente que xa ten algún coñecemento previo de informática. Tamén ofertarase cursos de Busca de emprego a través da Redes Sociais e de páxinas especializadas.

 ESTAR ATENTOS A NOSA PROGRAMACIÓN PARA VER AS SEGUINTES CONVOCATORIAS DE ACHÉGATE A INTERNET

miércoles, 11 de septiembre de 2013

O Sabadiño do Roque

Este sábado regresou a biblioteca  o noso personaxe máis querido:  O Roque.

Roque acompañado de Andrea e de Óscar contounos todo o que fixera nas súas vacacións, ir a praia, a piscina a montaña... 
E tamén díxonos que tiña moito medo da volta o cole, pero o público infantil da biblioteca quitoulle o medo e explicáronlle que no cole seguro que faría novas amizades e que levaría unha gran ledicia o atoparse coas de sempre. E que tería clase de ximnasia e recreos para xogar e clases de inglés!
Nesta ocasión Roque recibiu unha nova carta do seu avó Agustín, o avó decidiu deixar de viaxar pero non de enviarlle cartas para gozar co público da biblioteca. Así que pensou que para que continuásemos a gozar coas súas cartas agora en cada unha delas enviaría unhas adiviñanzas, e esta é unha das que deixou...

 Tul e non é tela,
pan, pero non de mesa.

Andrea contounos o conto da Galiña Roxa e ensinounos un teatriño xaponés chamado Kamishibai que serve para mostrar as imaxes do conto que narra. Nesta ocasión continuos o conto do paxaro Pu bui e como este axudou o Pavo Real a gallar o concurso o mellor paxaro do mundo.

 Despois Andrea e Óscar ensináronnos varios xogos e xogamos todos a imaxinar todas as cousas que podería ser un globo e tamén xogamos a Caixiña Máxica unha caixa de onde sairon piratas, bailarinas de ballet,crocrodilos e ata robots!
Para despedirnos Roque cantou a Canción dos Parabéns a quen cumpriu anos este verán.

Por certo a solución da adiviña... é un tulipán
 
O sabadiño do Roque
Próxima sesión: sábado 5 de outubro ás 12.00h
*Inscrición a partir do 15 de setembro

miércoles, 4 de septiembre de 2013

Libro electrónico eBookVigo



Hoxe inauguramos  eBookVigo na Biblioteca Xosé Neira Vilas,  a plataforma tecnolóxica que o Concello de Vigo pon a disposición dos cidadáns para facilitar o acceso á lectura en soporte electrónico  coa presenza do Concelleiro Carlos López Font. O próximo vernes 6 de setembro comenzaremos a funcionar xa a pleno rendemento.

 
eBookVigo permite tomar en préstamo as principais novidades editoriais en formato ebook para a súa lectura en diferentes dispositivos, entre eles tablets, smartphones, ordenadores persoais ou eReaders.

Para poder facer uso deste novo servizo é necesario:
Ser usuario rexistrado da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas
Ter polo menos 16 anos de idade.
Contar cun dispositivo compatible e unha conta de correo electrónico.
Solicitar a inscrición en eBookVigo acudindo á biblioteca municipal coa súa tarxeta de lector.
   
Unha vez inscrito recibirá unha mensaxe de correo electrónico para establecer o seu contrasinal e, a partir dese instante, poderá gozar da totalidade dos servizos que ofrece eBookVigo.

 
Se xa é usuario rexistrado de eBookVigo e iniciou sesión, ao pulsar o botón “tomar en préstamo” que aparece xunto aos ebooks que sexan do seu interese, estes quedarán automaticamente prestados ao seu nome e estarán á súa disposición durante un total de 21 días.
Pola contra, se o ebook do seu interese xa está prestado a outro lector, poderá reservalo. Cando o libro estea dispoñible para vostede, recibirá unha mensaxe de correo electrónico de eBookVigo cun enlace para activar o préstamo.
 
Poderá tomar en préstamo ata un máximo de 2 ebooks simultaneamente e reservar o mesmo número.
 
A partires do vernes esperámosvos na Biblioteca para cubrir a solicitude e empezar a disfrutar deste novo servizo que ofrece a Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas do Concello de Vigo.


martes, 3 de septiembre de 2013

Mostra: Traduttore, traditore



O luns 30 de setembro celébrase o Día Internacional da Tradución, para sumarnos a este festexo durante todo o mes de setembro a Biblioteca Neira Vilas ofrece unha mostra bibliográfica onde se recollen varios títulos e as súas traducións a outros idiomas.

Con esta mostra queremos homenaxear a esta profesión que é fundamental neste mundo globalizado e esencial para a comunicación entre culturas. Fortalecendo os vínculos dos creadores das diferentes partes do mundo e creando pontes que propician a pluralidade.



Nesta mostra podes atopar algúnhas novelas como O neno de pixama de raias, O Principiño, A catedral do Mar, O Código da Vinci, Os pilares da Terra  tamén banda deseñada como Trazo de xiz ou Enrrugas libros infantís como As botas vermellas ou diferentes contos tradicionaís en distintos idiomas como galego, castelán, ingles, portugués, alemán, ruso ou xaponés.


Traduttore, traditore
Do 2 de setembro ao 5 de outubro de 2013
Horario de apertura da biblioteca

lunes, 2 de septiembre de 2013

Noticia do xornal Atlántico

En agosto apareceu esta noticia en prensa:

Cae la venta de libros y suben los usuarios de las bibliotecas

La Xosé Neira Vilas, en A Dobrada, duplicó el número de socios en menos de un año

ana baena. vigo - 20-08-2013 

La crisis y el descenso en la venta de libros coincide con el incremento en el número de usuarios de las bibliotecas pública. Un hecho, que Xurxo Patiño calificó en su momento de 'un consuelo, ya que se mantiene la cultura y el hábito de la lectura'. 


La Biblioteca Xosé Neira Vilas se inauguró en 2011 y da servicio a más de 120.000 usuarios. (Foto: S.E.)

La Biblioteca Xosé Neira Vilas se inauguró en 2011 y da servicio a más de 120.000 usuarios. (Foto: S.E.)

 

Primero fue la Biblioteca Central, dependiente de la Xunta y del Concello, la que anunciaba una importante captación de socios durante la Feria del Libro este verano. Ahora le toca el turno a la Xosé Neira Vilas, la única representante de la red municipal de bibliotecas de barrio. Situada en A Dobrada, consiguió en menos de un año duplicar el número de usuarios con carné. Así, en 2012 cerró con 6.895 socios, frente a los 3.064 del año anterior en una tendencia al alza que continúa en el presente. En relación al número de usuarios que acuden puntualmente a la sala sin estar inscritos, la cifra aumenta a los 121.342, frente a los 52.112 que pasaron por las instalaciones en 2011. La biblioteca cuenta con 11.647 volúmenes y servicios informáticos. Sin embargo, entre los asiduos lo más valorado son las actividades culturales y de promoción de la lectura. A través de sus programas escolares participaron en los dos últimos años dieciséis centros de la ciudad, con más de 2.200 alumnos. Según sus objetivos fundacionales, la estrategia de la Neira Vilas, también aplicada por la Central, se basa en acercar los libros a los ciudadanos a través de una red de bibliotecas de barrio. Una política municipal que quedó sin completar desde el bipartito pero está dando buenos resultados.

http://www.atlantico.net/noticia/250822/venta/libros/suben/usuarios/bibliotecas/