lunes, 17 de junio de 2013

Entre arrolos e contiños. Xuño 2013

Este sábado Bea Campos e David González fixéronnos pasar unha mañá do máis divertida e aventureira.
 Antes de comezar a sesión agasalláronnos coas flores de San Xoán, amosáronnos como se chaman e como  cheiran.
A continuación como noutras ocasións, cantamos a canción de Benvida dos Arrolos, que xa todos coñecemos. Logo nos contaron e cantaron a historia de Chispas o neno, que quería ser maior, e os seus amigos os animais de peluche; este conto como nos dixo Bea, aumenta o diminúe dependendo dos bonecos  que un ten na casa.
E como os bebés que veñen a biblioteca son uns bebés moi valentes fomos tras unha nova aventura...fomos cazar un oso! Pero non un oso calquera senón un oso terrible e perigoso. Toda unha aventura que nos narra o humorista e escritor Michael Rosen no seu álbum "Imos cazar un oso" e que interpretaron Bea e David fantasticamente.


Continuamos a nosa aventura co conto do neno que non facía caso ao seu pai e metía o dedo no seu nariz e no de todos os animais que atopaba no seu camiño.

Rematamos a sesión coa canción de Despedida de Arrolos e cun agasallo moi especial...A canción de San Xoán para que a cantemos na noite máis máxica do ano.


Entre arrolos e contiños
Próxima sesión: Sábado 21 de setembro ás 12.00h

viernes, 14 de junio de 2013

A Hora dos contos. Xuño 2013

Como cada terceiro xoves de mes visitou a biblioteca Trini Puentes para contarnos unha morea de contos e pasar unha tarde divertida.
Nesta ocasión como remate da actividade falou de historia de amistade cara o verán. Para así coñecer o xeito de facer novas amizades; amizades como un esquío un tanto medroso. Tamén falounos do atrevemento da bolboreta Rita e da existencia dos gamusinos, uns seres que habitan nos montes aloxados das persoas.
 Trini despediuse de nos ata setembro desexándonos un bo verán.



A hora dos contos
Próxima sesión: Xoves 12 de setembro ás 18.00h

martes, 11 de junio de 2013

O Sabadiño do Roque. De viaxe por Galicia: Allariz


Como cada primeiro de mes, este sábado visitaron a biblioteca os nosos amigos Andrea, Óscar e como no a nosa mascota preferida... Roque.
Comezaron a sesión coa canción de "Bo día", que xa todos coñecemos. Nesta despedida ata setembro, xa que os nosos amigos vanse de vacacións aproveitaron para que Andrea nos contase os seus contos preferidos, que tamén eran os preferidos de moitos nenos que nos acompañaron o sábado. 
Así escoitamos de novo o conto de "Polo Pepe" acompañado coa súa fermosa canción "Pepe Pepe cando teñas medo toca o nariz co dedo".
A continuación percorremos medio mundo coa "Ra que vivía nun estanque", e máis tarde representamos entre varios o conto clásico da "Ratiña presumida".

Rematados os contos apareceu Roque cargado con un montón de cousas para levar a praia, iso si esquecérase do máis importante, a crema protectora!!!  Logo recibimos carta do avó Agustín que nesta ocasión escribía dende unha vila ourensá chamada Allariz que parece ser que era o lugar de nacemento do gran escritor Vicente Risco e que hai un doce típico chamado amendoado.

Para rematar os nenos debuxaron o lugar onde estarán nas súas vacación e entre todos tratamos de adiviñalo.
O sabadiño do Roque
Próxima sesión: sábado 7 de setembro ás 12.00h
*Inscrición a partir do 17 de agosto

viernes, 7 de junio de 2013

Exposición a figura humana na pintura galega: CEIP Porto Cabeiro de Redondela

No seu afan de converterse nun centro de referencia, formación e información na cidade a biblioteca expón nas súas instalacións unha mostra de cadros realizados polos alumnos do CEIP Porto Cabeiro de Redondela. UN proxecto proposto dende o Equipo de Dinamización de Lingua Galega (EDLG) en colaboración coa biblioteca escolar para dar a coñecer como reflicten a figura humana os nosos pintores.

Nesta mostra podemos atopar as interpretacións dos nenos de cadros realizados polos grandes artístas plásticos galegos como Luís Seoane, Maruja Mallo, Antonio Gª Patiño o Mercedes Ruibal que comparten espazo con outra versións de grandes artistas nacionais e internacionais como Velázquez, Kandinsky ou Andy Warhol. Todas feitas con diferentes materiais como xiz, rotuladores, ceras finas e brandas...





Exposición a figura humana na pintura galega
CEIP Porto Cabeiro de Redondela
Do 3 ao 29 de xuño de 2013
Horario de apertura da biblioteca

lunes, 3 de junio de 2013

Mostra: BOOM! Novela Hispanoamericana

Durante o mes de xuño a biblioteca ofrece unha mostra bibliográfica onde se recollen magníficos exemplos que levaron a unha xeración de escritores hipanoamericanos ao máis alto recoñecemento mundial. Autores como Mario Vargas Llosa, Julio Cortázar, Gabriel García Márquez, Carlos Fuentes ou Jose Lezama Lima.

Baixo o nome do Boom Latinoamericano agóchase un fenómeno editorial e literario nado entre os anos 60 e70, nos que un grupo de escritores saíron en defensa dunha accion politica e socicial máis alá das súas fronteiras. Empregando unha literatura nova, fresca, moderna, romperon as barreiras entre o mundano e o fantástico deron lugar ao que logo se chamou "realismo máxico".

Estas obras estarán a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Boom! Novela hispanoamericana
Do 3 ao 29 de xuño de 2013
Horario de apertura da biblioteca