miércoles, 11 de septiembre de 2013

O Sabadiño do Roque

Este sábado regresou a biblioteca  o noso personaxe máis querido:  O Roque.

Roque acompañado de Andrea e de Óscar contounos todo o que fixera nas súas vacacións, ir a praia, a piscina a montaña... 
E tamén díxonos que tiña moito medo da volta o cole, pero o público infantil da biblioteca quitoulle o medo e explicáronlle que no cole seguro que faría novas amizades e que levaría unha gran ledicia o atoparse coas de sempre. E que tería clase de ximnasia e recreos para xogar e clases de inglés!
Nesta ocasión Roque recibiu unha nova carta do seu avó Agustín, o avó decidiu deixar de viaxar pero non de enviarlle cartas para gozar co público da biblioteca. Así que pensou que para que continuásemos a gozar coas súas cartas agora en cada unha delas enviaría unhas adiviñanzas, e esta é unha das que deixou...

 Tul e non é tela,
pan, pero non de mesa.

Andrea contounos o conto da Galiña Roxa e ensinounos un teatriño xaponés chamado Kamishibai que serve para mostrar as imaxes do conto que narra. Nesta ocasión continuos o conto do paxaro Pu bui e como este axudou o Pavo Real a gallar o concurso o mellor paxaro do mundo.

 Despois Andrea e Óscar ensináronnos varios xogos e xogamos todos a imaxinar todas as cousas que podería ser un globo e tamén xogamos a Caixiña Máxica unha caixa de onde sairon piratas, bailarinas de ballet,crocrodilos e ata robots!
Para despedirnos Roque cantou a Canción dos Parabéns a quen cumpriu anos este verán.

Por certo a solución da adiviña... é un tulipán
 
O sabadiño do Roque
Próxima sesión: sábado 5 de outubro ás 12.00h
*Inscrición a partir do 15 de setembro

No hay comentarios:

Publicar un comentario