miércoles, 4 de septiembre de 2013

Libro electrónico eBookVigo



Hoxe inauguramos  eBookVigo na Biblioteca Xosé Neira Vilas,  a plataforma tecnolóxica que o Concello de Vigo pon a disposición dos cidadáns para facilitar o acceso á lectura en soporte electrónico  coa presenza do Concelleiro Carlos López Font. O próximo vernes 6 de setembro comenzaremos a funcionar xa a pleno rendemento.

 
eBookVigo permite tomar en préstamo as principais novidades editoriais en formato ebook para a súa lectura en diferentes dispositivos, entre eles tablets, smartphones, ordenadores persoais ou eReaders.

Para poder facer uso deste novo servizo é necesario:
Ser usuario rexistrado da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas
Ter polo menos 16 anos de idade.
Contar cun dispositivo compatible e unha conta de correo electrónico.
Solicitar a inscrición en eBookVigo acudindo á biblioteca municipal coa súa tarxeta de lector.
   
Unha vez inscrito recibirá unha mensaxe de correo electrónico para establecer o seu contrasinal e, a partir dese instante, poderá gozar da totalidade dos servizos que ofrece eBookVigo.

 
Se xa é usuario rexistrado de eBookVigo e iniciou sesión, ao pulsar o botón “tomar en préstamo” que aparece xunto aos ebooks que sexan do seu interese, estes quedarán automaticamente prestados ao seu nome e estarán á súa disposición durante un total de 21 días.
Pola contra, se o ebook do seu interese xa está prestado a outro lector, poderá reservalo. Cando o libro estea dispoñible para vostede, recibirá unha mensaxe de correo electrónico de eBookVigo cun enlace para activar o préstamo.
 
Poderá tomar en préstamo ata un máximo de 2 ebooks simultaneamente e reservar o mesmo número.
 
A partires do vernes esperámosvos na Biblioteca para cubrir a solicitude e empezar a disfrutar deste novo servizo que ofrece a Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas do Concello de Vigo.


1 comentario:

  1. Esta biblio non para de ofrecer máis e máis cousas interesantes, novidosas, desexables...é unha gozada.

    ResponderEliminar