viernes, 13 de septiembre de 2013

A hora dos contos. Setembro 2013

  Trini Puentes iniciou unha nova andadura na nosa hora dos contos.
 

 Estas sesións que teñen lugar o segundo xoves de mes é un modo divertido de coñecer novas historias, facer algunha actividade e gozar dunha tarde divertida na biblioteca.
 
 Nesta ocasión Trini deunos a benvida das vacacións e todos contamos o que fixemos nas nosas vacacións e como gozamos do tempo libre. Como xa pasou algún tempo dende que estivo na biblioteca por última vez, Trini cantounos unha canción para lembrarnos as normas da biblioteca e logo díxonos que este verán estivo con xente de outros países que lle contaron algunhas historias fantásticas. Estas historias son as que ela nos contará nas seguintes sesións. Pero para abrir boca contounos un conto somalí que se titula "Por que o ceo está tan arriba?" e outro da India a "Historia do crocodilo e o mono" 
 
 Logo contou a historia de catro músicos de diferentes países que viaxaban todos xuntos e as súas peripecias para sobrevivir.
 
 
  Para rematar a sesión de contos fixemos un fermoso marcapáxinas coa imaxe do crocodilo do conto hindú
 

 
A hora dos contos
Próxima sesión: xoves, 10 de outubro ás 18.00h

No hay comentarios:

Publicar un comentario