sábado, 27 de julio de 2013

Obradoiro de arte. De arte e de libros


                      
Por medio de imaxes proxectadas, lecturas e pequenas actividades as persoas participantes no obradoiro interpretaron imaxes artísticas, estimularon a creatividade, e estableceron conexións entre as artes visuais, a literatura, a historia a o longo de catro sesións. En cada obradoiro tratouse un personaxe diferente e  cada obradoiro rematou cunha sinxela actividade plástica. 



Na primeira sesión coñeceron a figura artística e humana de LEONARDO DA VINCI, unha viaxe ao Renacemento traballando o autoretrato e a perspectiva nas representacións pictóricas e descubriron o útiles que son as matemáticas para facer arte.Remataron este primer obradoiro coa fabricación dunha mini cámara escura.

No segundo obradoiro realizaron un achegamento aos comenzos da pintura moderna por medio de VAN GOGH, coñecendo aos impresionistas e a súa forma detraballo,ascores,as pinceladas.....etc                         
                                          Remataron esta sesión facendo un pequeno cadro con pinceladas de cores mesturadas e feitos con plastilina.
    



 Na terceira sesión coñeceron a VELÁZQUEZ a partir das imaxes dos seus cadros proxectados e as que aparecen nos libros, falamos de moda no tempo do pintor, do que é ser pintor do rei, da vida no Palacio. Rematou a sesión falando do cadro das Meninas, de como os personaxes colócanse no cadro e fixeron unha versión contemporánea en 3D. 


 Na última sesión PICASSO e a arte onde experimentaron o símbolismo da cor nas nosas  vidas. Mirando a través dos ollos de Picasso, coñeceron a vida rosa do circo, viaxaron á Coruña, a Barcelona e chegaron a París.! Falaron de cando Picasso comezou a xogar coa xeometría e fixeron o seu autorretrato cubista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario