jueves, 11 de julio de 2013

Mostra: Os Inklings

Durante os meses de xullo e agosto a biblioteca ofrece unha mostra bibliográfica e audiovisual dos Inklings. Baixo este nome atópase o círculo literario máis influínte do século XX formado por autores como C.S. Lewis, o autor da saga de "Crónicas de Narnia" ou J.R.R. Tolkien, autor da saga "O señor dos aneis". Un grupo de rapaces que xuntábanse entre 1930 e 1960 en Oxford para reinvindicar a ficcción e a fantasía, o espírito e a imaxinación na era das máqunas.



 Nunha zona destaca da biblioteca podedes atopar unha escolma da bibliografía e de material audiovisual do fondo referente á novela escrita por este grupo de escritores de novela fantástica.

Entre o material audiovisual podedes atopar a triloxía do "Señor de los anillo" en DVD, a súa precuela "El hobbit" tanto en DVD coma en Blu- Ray, varios títulos da saga de "Crónicas de Narnia" e o CD da BSO do "Señor de los anillos".

De material bibliográfíco atoparedes a colección completa de "Crónicas de Narnia", a triloxía e a precuela de Tolkien, así como outro relatos coma "El Silmarillion", "La última canción de Bilbo", o  "La caída de Arturo", ou diferentes libros que tratan da temática como o mapas, atlas, xogos ou a arte do mundo máxico que rodea aos Inklings.


INKLINGS
Do1 de xullo ao 31 de agosto de 2013
Horario de apertura da biblioteca


No hay comentarios:

Publicar un comentario