jueves, 4 de julio de 2013

Feira do Libro

A biblioteca Neira Vilas únese a este proxecto literario, onde atópanse as diferentes personalidade do sector das letras, as novidades editoriais, actividades, etc. estando presente nunha caseta onde amosamos os nosos servizos e as actividades que ofrecemos ao público usuario.


Nesta ocasión a biblioteca ten caseta propia, a caseta númeto 16; onde atoparedes unha representación bibliográfica do material da biblioteca, así como peliculas, series, xogos algún estoxo e  moitas novidades. Na caseta atoparedes unha ducia de libros que sairon voando das nosas estanterias e foron a parar a Praza de Compostela, onde esparamos as vosas visitas.





DIAGNÓSTICO BIBLIOTECARIO

  Tamén presentamos unha nova actividade "Diagnóstico Bibliotecario", onde o persoal sanitario da biblioteca ofrecerá un estudado diagnóstico valororando as doenzas que oferecen os visitantes da feira e ofrecéndolles o tratamento preciso para curar os seus malestares literarios


                    



  O horario de consulta:
  Venres e sábado
   28 e 29 de xuño   
5 e 6 de xullo
  De 19.30 a 21.30 h

                                                                             






Feira do Libro

Na Praza de Compostela
Do 28 de xuño ata 8 de xullo de 2013
Horario de 11.00 a 14.00 h e de 18.00 a 22.00

1 comentario:

  1. En A Coruña levamos 4 anos adicando o mes de Abril a recetar lecturas para todo tipo de pacientes ;) podedes ver imaxes do noso consultorio en http://www.flickr.com/photos/bibliotecascoruna/sets/72157633302310094/with/8691058447/

    ResponderEliminar