jueves, 11 de julio de 2013

Cita a cegas


 
Durante os meses de xullo e agosto a biblioteca Neira Vilas ofréceche una "Cita a cegas". Unha sorpresa na que podes atopar o teu gran amor literario e que sempre te acompañará como libro de cabeceira ou polo contrario podes atoparte cunha gran desilusión... cousa da vida nunca se sabe!
 
 


Nestas fermosas bolsas atoparas diferentes materiais dende novela, banda deseñada, cine, música ou incluso algunha guía de viaxe para que descubras lugares, sons ou personaxes novos os que por descoñecemento, ou por prexuízos nunca te atreverías a escoller dos estantes da biblioteca. Deste xeito o azar escolle por ti e te descubre un mundo novo...



CITA A CEGAS
Do1 de xullo ao 31 de agosto de 2013
Horario de apertura da biblioteca

No hay comentarios:

Publicar un comentario