miércoles, 17 de julio de 2013

Achégate o Graffiti con ...Peri



Ao longo  de 4 sesións de dúas horas, o artista Peri achegou ás persoas participantes do obradoiro ao mundo do graffiti, a súa linguaxe,
aos seus códigos e aos seus segredos,

Na primeira sesión houbo unha breve charla sobre a historia do graffiti dende as covas prehistóricas, 
pasando polo antigo Exipto ata a actualidade. 

 

Contou que o movemento actual naceu en EEUU e 
falou dos  e das principais artistas 
internacionais e nacionais.
 

Despois fixeron un boceto para logo plasmar nos muros da parte exterior da biblioteca.
 


Nas seguintes dúas  sesións ensinouse 
a manexar o spray e cada participante 
fixo o seu graffiti.


O último día fíxose  un "Cadáver exquisito" unha obra desenvolvida por todas as persoas participantes no taller dunha figura humana. No obradoiro descubriuse moito talento que tuvo que ser regado por dentro e por fóra con auga para loitar coa onda de calor que tivemos na cidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario