martes, 11 de junio de 2013

O Sabadiño do Roque. De viaxe por Galicia: Allariz


Como cada primeiro de mes, este sábado visitaron a biblioteca os nosos amigos Andrea, Óscar e como no a nosa mascota preferida... Roque.
Comezaron a sesión coa canción de "Bo día", que xa todos coñecemos. Nesta despedida ata setembro, xa que os nosos amigos vanse de vacacións aproveitaron para que Andrea nos contase os seus contos preferidos, que tamén eran os preferidos de moitos nenos que nos acompañaron o sábado. 
Así escoitamos de novo o conto de "Polo Pepe" acompañado coa súa fermosa canción "Pepe Pepe cando teñas medo toca o nariz co dedo".
A continuación percorremos medio mundo coa "Ra que vivía nun estanque", e máis tarde representamos entre varios o conto clásico da "Ratiña presumida".

Rematados os contos apareceu Roque cargado con un montón de cousas para levar a praia, iso si esquecérase do máis importante, a crema protectora!!!  Logo recibimos carta do avó Agustín que nesta ocasión escribía dende unha vila ourensá chamada Allariz que parece ser que era o lugar de nacemento do gran escritor Vicente Risco e que hai un doce típico chamado amendoado.

Para rematar os nenos debuxaron o lugar onde estarán nas súas vacación e entre todos tratamos de adiviñalo.
O sabadiño do Roque
Próxima sesión: sábado 7 de setembro ás 12.00h
*Inscrición a partir do 17 de agosto

No hay comentarios:

Publicar un comentario