lunes, 17 de junio de 2013

Entre arrolos e contiños. Xuño 2013

Este sábado Bea Campos e David González fixéronnos pasar unha mañá do máis divertida e aventureira.
 Antes de comezar a sesión agasalláronnos coas flores de San Xoán, amosáronnos como se chaman e como  cheiran.
A continuación como noutras ocasións, cantamos a canción de Benvida dos Arrolos, que xa todos coñecemos. Logo nos contaron e cantaron a historia de Chispas o neno, que quería ser maior, e os seus amigos os animais de peluche; este conto como nos dixo Bea, aumenta o diminúe dependendo dos bonecos  que un ten na casa.
E como os bebés que veñen a biblioteca son uns bebés moi valentes fomos tras unha nova aventura...fomos cazar un oso! Pero non un oso calquera senón un oso terrible e perigoso. Toda unha aventura que nos narra o humorista e escritor Michael Rosen no seu álbum "Imos cazar un oso" e que interpretaron Bea e David fantasticamente.


Continuamos a nosa aventura co conto do neno que non facía caso ao seu pai e metía o dedo no seu nariz e no de todos os animais que atopaba no seu camiño.

Rematamos a sesión coa canción de Despedida de Arrolos e cun agasallo moi especial...A canción de San Xoán para que a cantemos na noite máis máxica do ano.


Entre arrolos e contiños
Próxima sesión: Sábado 21 de setembro ás 12.00h

No hay comentarios:

Publicar un comentario