jueves, 11 de abril de 2013

Entre arrolos e contiños. Abril 2013

Un mes máis a biblioteca celebrou unha nova sesión de Entre arrolos e contiños, que este mes contou con David e Sandra para amenizarnos a xornada.

Como non podía ser doutra forma, comezamos coa canción de benvida, xa todo un éxito, para pasar despois a contarnos as aventuras e desventuras do xa clásico Coelliño Branco. Aprendimos tamén como son e como viven os animais do Polo, e acompañamos a Once damas atrevidas na súa viaxe por todo o mundo! Todo como sempre coas doces e alegres melodías de David como complemento.

Ademais, como no mes de abril estamos a conmemorar a figura de Rosalía de Castro, puxémoslle música a un dos seus poemas máis coñecidos: Unha vez tiven un cravo... que xunto coa canción de despedida puxeron fin a esta fantástica sesión.






Entre arrolos e contiños
Próxima sesión: sábado 18 de maio ás 12.00h
*Inscrición a partir do 1 de maio

1 comentario:

  1. Graciñas a David e a Sandra, e por suposto, a biblioteca Neira Vilas por axudarnos a amosarlle ós nosos fillos o importante que é a música e tamén a literatura.

    ResponderEliminar