miércoles, 20 de febrero de 2013

Programas escolares. Encontro con Miguel Ángel Alonso Diz

Na mañá de onte, os alumnos de 1º de primaria do CPR Martín Códax, que visitaron a biblioteca dentro dos nosos Programas escolares, tiveron a sorte de ter un encontro con Miguel Ángel Alonso Diz, autor d' O cullarapo Croque. 
Tras coñecer o funcionamento da biblioteca, Miguel Ángel presentoulles o seu libro, protagonizado por un simpático cullarapo que serve de fío condutor entre os poemas que viven neste libro, con páxinas cheas de poesía, de fermosas ilustracións e sobre todo de moita dozura.

Así, da man do autor, escoitamos algunhas das historias agochadas no libro, bailamos tamén ao son das cancións que nos presentou o cullarapo e para rematar, despois desta fantástica experiencia, todos os participantes puideron debuxar o seu personaxe favorito!

Miguel Ángel vai voltar á biblioteca o vindeiro mércores 27 ás 18.00h, nunha sesión aberta a todo o público, grazas á colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Recomendámosvos non faltar á cita!

No hay comentarios:

Publicar un comentario