lunes, 4 de febrero de 2013

O sabadiño do Roque. De viaxe por Galicia: Verín

Como cada mes, comezamos febreiro cunha nova cita co Sabadiño do Roque, que veu acompañado, como non, de Andrea e Óscar para facernos máis divertida a mañá do sábado.

Tras coñecer a historia de Andrés, que foi comido por un ogro, que á súa vez foi engulido por un dragón, e á súa vez por un oso e por un lobo, e como conseguiu saír de tal apuro, Andrea púxose na pel da Ratiña Fachendosa e foi coñecendo aos seus namorados: o cabalo, o can, o gato e o ratiño, todos eles excepcionalmente interpretados polos participantes na actividade!

Chegou a hora de chamar por Roque, e desta vez sorprendeunos a todos aparecendo disfrazado de Súper Roquiño, preparado para celebrar o Entroido por todo o grande. E como non podía ser doutra forma nestas datas, na carta que recibiu do avó Agustín este dicíalle que andaba de festa por Verín, rodeado polos seus famosos cigarróns.

Finalmente, para ir quentando motores de cara á próxima semana, cada neno preparou o seu propio antiface, e con eles postos despedimos a sesión, non sen antes cantarlles os parabéns a todos aqueles que durante o último mes estiveran de aniversario.

As fotos desta festa "pre-entroideira" están como sempre dispoñibles no Álbum da biblioteca

O sabadiño do Roque
Próxima sesión: sábado 2 de marzo ás 12.00h

*Inscrición a partir do 15 de febreiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario