martes, 5 de febrero de 2013

+ Misterio. Mostra bibliográfica


En + Misterio propoñémosvos unha escolma de novelas, cómics e películas da man dos grandes xenios do xénero. Crimes, policías, intrigas, espías, conspiracións... personaxes e argumentos que conseguen manternos en tensión, cos pulsos acelerados e completamente “enganchados” ata a resolución da trama, son compañeiros inseparables para pasar un mes de febreiro cargado de suspense.

Así, a biblioteca exporá unha selección do seu fondo bibliográfico onde atoparemos dende as historias de Holmes ata do noso inspector vigués máis coñecido, Leo Caldas, pasando polas páxinas envelenadas de Umberto Eco.


+ Misterio
Do 4 de febreiro ao 2 de marzo de 2013 en horario de apertura da biblioteca

No hay comentarios:

Publicar un comentario