domingo, 17 de febrero de 2013

Entre arrolos e contiños. Febreiro 2013

O pasado sábado Bea Campos e David González deleitaron aos máis pequenos da bibliteca cunha nova sesión de Entre arrolos e contiños.

Tivemos a ocasión de asistir ao estreo duhna nova canción que dende agora nos vai servir para dar a benvida e despedir a xornada, o pegadizo Arrorró que dende o sábado non deixamos de cantarruxar.

Non podían faltar fermosos e divertidos contos como o da Granxa de Manuel, co que poidemos coñecer distintos animais. Tamén nos acompañaron os tres Chibos Chibóns, todo un clásico xa da literatura infantil, ou as peripecias do crocodilo que saía de paseo. Como sempre, todo acompañado polas fermosas melodías do saxo e o acordeón de David.

Tampouco faltou tempo para o xogo entre pais e fillos, que xunto cos contos axudan a estreitar os vínculos afectivos entre ambos e ensínannos como desfrutar do tempo de lecer que pasamos cos nosos cativos.



Entre arrolos e contiños
Próxima sesión: sábado 16 de marzo ás 12.00h
 




1 comentario:

  1. Qué momentos más bonitos pasamos en estas sesiones, felicidades una vez más y genial también la canción que ha creado David para comenzar y terminar la actividad!!! Son unos grandes artistas!!!

    ResponderEliminar