sábado, 16 de febrero de 2013

Contos Dakí. Paula Carballeira

O venres Paula Carballeira visitou novamente a Biblioteca Neira Vilas para deleitarnos coas súas historias nunha nova cita cos nosos Contos Dakí.

Contos traídos de moi distintos lugares do mundo, de Irlanda a Xapón, pasando por Galicia ou Armenia. Ceñecemos así ao falador Patrick O'Connor, á fermosa pero triste princesa Maimara, ao pescador que atopou cun xenio nunha botella, ao labrego que foi buscar a Deus ou ao inglés que visitou a Terra dos Demos. 


Historias moitas elas de medo, das que poñen a pel de galiña, tamén cargadas de humor, pero tamén, como non podía ser doutra forma, de mensaxes que nos convidan a reflexionar. 



Paula regresará á biblioteca no mes de maio, pero recomendámosvos non perder a vindeira sesión de Contos Dakí, con Avelino González.



Contos Dakí
Próxima sesión: 22 de marzo ás 19.30h
Conta: Avelino González

No hay comentarios:

Publicar un comentario