viernes, 15 de febrero de 2013

A hora dos contos. Febreiro 2013

Na cita de febreiro coa nosa Hora dos Contos, que coincidiu co 14 de febreiro, o protagonista non podía ser outro que o Amor.

Así, achegámonos á verdadeira historia de San Valentín, ocorrida no tempo dos romanos, e que simboliza o amor e a amizade duradeira, así que este día non se adica só aos namorados, senón a todas as persoas que queremos, como son os amigos verdadeiros.


A través das distintas historias de Trini fomos coñecendo historias de amor moi distintas, como a do hipopótamo Owen, que despois de paerder á súa familia atopou finalmente á tartaruga Zee, que se converteu na súa nova familia. Contamos e cantamos tamén o amor entre Xirafa e Crocodilo, o de Ratona e Elefante ou o da princesa de lume, que soubo grazas a unha pedra que o amor non consiste en pedir e recibir senón que hai que traballalo día a día...




Como sempre, para rematar a sesión, os nenos fixeron debuxos relacionados coas historias do día para completar o Diario da Hora dos Contos.



A hora dos contos
Próxima sesión: xoves 14 de marzo ás 18.00h


No hay comentarios:

Publicar un comentario