viernes, 25 de enero de 2013

Obradoiro de escritura. Francisco Castro


Esta semana, e grazas ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, o escritor e editor Franciso Castro impartiu na biblioteca un interesante obradoiro de escritura, no que os asistentes se achegaron en dúas intensas xornadas ao mundo da creación literaria, centrado no desenvolvemento da creatividade, a experimentación e o pracer de escribir.

A través dos exercicios plantexados, Francico Castro foi desvelando as claves da ficción literaria, que en definitiva debe responder á pregunta "Que pasaría si...?". Desta forma, cada un dos participantes formulou unha destas cuestións, ás que deron resposta o resto de asistentes ao obradoiro. Tiveron tamén que desenvolver unha escea amorosa acaecida nos lugares máis insospeitados (un autobús, a morgue...) ou dfinir o que é un bico despois de ler distintos exemplos.
 
Unha das tarefas máis interesantes foi a de crear un microrrelato que resultase evocador e que estivese composto de tan só 7 palabras e unha coma, á imaxe do famoso El dinosaurio de Augusto Monterroso: "Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí".

Así, ao longo das dúas sesións, o escritor foi desvelando algunhas das cuestións máis importantes ás que todo autor debe enfrontarse á hora de escribir, sinalando o peso das palabras, o uso da imaxinación en contra da realidade, a precisión lingüística ou a importancia da corrección.

Rematamos coas palabras do propio Francisco Castro, que resumen á perfección a filosofía do escritor: "sinto a necesidade de pelexar coas palabras para que expresen o que eu realmente quero".

2 comentarios:

  1. Una actividad muy interesante. Espero que se vuelva a realizar otra similar en breve.

    ResponderEliminar
  2. Bos días,
    Eu participei neste taller e tamén participo no club de lecturas e son dúas actividades moi recomendadas igual que os sabadiños do Roque. Estoy desexando que haxa outro taller de escritura creativa porque foi moi interesante e sobre todo moi divertido. Moitas grazas á biblioteca polas actividades que realizan e esperamos que continuen así ou mellor. Grazas

    ResponderEliminar