viernes, 4 de enero de 2013

Achégate á cerámica con... Emilia Guimeráns


Durante as vacacións de Nadal, os nenos tiveron a oportunidade de experimentar o pracer de traballar a arxila da man de Emilia Guimeráns e o obradoiro Achégate á cerámica.

Ao longo de diferentes sesións foron descubrindo os distintos tipos de arxila que podemos utilizar (a branca, a negra, a vermella) e os produtos que se necesitan para poder darlle cor: así, para conseguir azul temos que aplicar óxido de cobalto, para o amarelo óxido de ferro, etc. E logo cocelo todo a 1000ºC para conseguir as fermosas pezas cerámicas que se moldearon no taller!

Maracas, vasiños, cabezas, azulexos, texturas ou animais foron os deseños ós que día tras día os participantes foron dando forma, e cuxos resultados non podedes perder no Álbum de fotos da biblioteca !!
 

1 comentario:

  1. Quixera agradecer ós/às responsables da biblioteca a realización deste curso e felicitar á profesora Emilia Guimeráns polo estupendo labor que levou a cabo cos rapaces e rapazas que participaron.
    A miña filla Sabela pasouno estupendamente e aprendeu moitísimo.
    A min pareceume unha iniciativa estupenda e agradezo o esforzo de todos os implicados na estupenda programación das actividades desta biblioteca.

    ResponderEliminar