martes, 27 de noviembre de 2012

Entre arrolos e contiños. Novembro 2012


Este mes de novembro tivemos o pracer de gozar de novo da compaña de Bea e David en Entre arrolos e contiños.

Acompañáronnos con historias tan divertidas como a do rato Paco ou o Oso Chispa, co que ademais aprendimos hábitos tan saúdables e recomendables como lavar os dentes, bañarse, poñer o pixama...

Como sempre non faltou o acompañamento da música, cos fermosos acordes do acordeón, e rematamos a sesión coa simpática toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza!

Podedes ver todas as fotos da sesión no Álbum da biblioteca



Entre arrolos e contiños
Próxima sesión: sábado 15 de decembro ás 12.00h
*Inscrición a partir do 1 de decembro

lunes, 12 de noviembre de 2012

A hora dos contos. Novembro 2012

O xoves pasado tivemos o pracer de volver a pasar unha estupenda tarde de outono grazas a Trini e a súa Hora dos contos.

Como o Samaín quedaba moi cerquiña, aproveitamos para falar de todo tipo de monstros, que normalmente protagonizan historias de medo. Sen embargo, Trini decidiu darlle a volta a estes contos, e as personaxes que nos visitaron, lonxe de de asustar, resultaron ser moi divertidas e entrañables. Así, dragóns, bruxas, pantasmas con asma, monstros ou vampiros sen dentes como Súper Dentín fixeron as delicias de todos os nenos que participaron na sesión.

Ao remetar, como de costume, propuxémoslles axudarnos a completar o noso diario da Hora dos Contos, que encheron con fantásticos debuxos que podedes contemplar no Álbum de fotos da biblioteca



A hora dos contos
Próxima sesión: xoves 13 de decembro ás 18.00h

lunes, 5 de noviembre de 2012

O sabadiño do Roque. De viaxe por Galicia: Santiago

 Un mes máis tivemos unha nova cita co noso Sabadiño do Roque, que como sempre estivo cargado de historias, xogos e cancións.

Andrea comezou contándonos a historia do Poliño Pepe, con canción incluída, e a da simpática Ra da Boca Grande.

Despois chegou Roque, que recibiu unha nova carta do seu avó Agustín, que este mes estivo polas terras de Santiago. Así, visitamos con el a Catedral, as Praterías... e como no mes anterior a carta viña con agasallo incluído: unha estupenda gaita!


Entre todos debuxamos algúns dos nosos animais favoritos, e como sempre non podían faltar as felicitacións para os que estiveran de aniversario como despedida.

Podedes ver todas as fotos da sesión no Álbum da Biblioteca


O sabadiño do Roque

Próxima sesión: sábado 1 de decembro ás 12.00h
Inscrición: a partir do 15 de novembro