miércoles, 29 de agosto de 2012

Achégate á astronomía


 Durante todos os martes deste mes de agosto os nosos amigos David e Mónica, de Ceo Aberto, ofrecéronnos este obradoiro de coñecemento que achegounos aos misterios da astronomía e a astronáutica nos que participaron máis de 30 nenos e nenas en cada sesión.



En dúas das sesións coñecemos os requisitos precisos para ser astronauta e simulamos algunhas das probas que realizan, como as de equilibrio,  facendo un xogo na WII, de capacidade pulmonar, comprobamos a dificultade de manexar maquinaria coas luvas de astronauta e de pilotar unha nave cun auténtico simulador de voo. 







Ademais coñecemos moitos obxectos e materiais que empregamos a diario e que desenvolvéronse para os astronautas como por exemplo o velcro, o papel aluminio ou os cueiros actuais. 


 
Nas outras dúas sesións o espazo multimedia da biblioteca converteuse nun planetario; onde puidemos observar as estrelas e planetas que vense nas noites de verán dende Vigo e tamén noutras latitudes e estacións, coñecemos os seus nomes, a súa historia e mitos. Tamén vimos unha película en 360º onde vivimos a experiencia dun astronauta o saír dunha nave no espazo. 


Divertímonos moito e descubrimos todo o que temos que traballar para que un día un de nós sexa o primeiro en por un pé en Marte.

martes, 14 de agosto de 2012

O Sabadiño do Roque. Contos de papel

Este sábado Roque voltou unha vez máis á biblioteca para deleitarnos, xunto a Andrea e Óscar, coas súas historias e aventuras. 

Encantáronnos como sempre os contos de Andrea, especialmente a do homiño de papel, que encheu o seu corpo de cousas bonitas que viu polo mundo para poder contar aos nenos. Así, os nenos tamén fabricaron o seu propio monigote xigante coa súa propia silueta, e entre todos fóronos enchendo de fermosos debuxos e historias que contar.



A sesión rematou como sempre dándolle os parabéns a todos os que estiveron de aniversario, papás incluídos!

Só nos queda recordarvos que para a vindeira sesión o prazo de inscrición comeza o 17 de agosto, e que a próxima cita con Roque é o sábado 8 de setembro en lugar do día 1.