sábado, 29 de diciembre de 2012

Contos Dakí. Avelino González


Na súa primeira visita á biblioteca Neira Vilas, Avelino González non defraudou ao numeroso público que acudiu a escoitar as súas historias, arrincando sorrisos e ben merecidos aplausos.

Como bo vigués, de San Andrés de Comesaña, comezou ofrecéndonos toda unha lección sobre a  propia cidade, e especialmente sobre a súa sociedade decimonónica, cunha deliciosa mestura de ficción e realidade.

Nunha terra como a nosa, tampouco faltaron as referencias ás lendas e a maxia, historias acaecidas no "tempo certo do había unha vez". Así coñecemos personaxes como Denís de Chantada e a Moura de Medeiros, e xunto a eles moitos outros seres máxicos que habitaron, ou habitan, lugares non moi lonxanos...

Avelino González visitará de novo a Neira Vilas o vindeiro venres 22 de marzo, pero para os que non poidades estar tanto tempo sen escoitar uns contiños ben contados como os seus, convidámosvos á vindeira sesión de Contos Dakí:

Contos Dakí
Póxima sesión: venres 25 de xaneiro de 2013
Conta: Celso Sanmartín

1 comentario:

  1. Da gusto rematar a semana e tamén case o mes e o ano, aprendendo das historias Daki e inda por riba botar unhas risas.
    Graciñas a Biblioteca e tamén a Avelino González por compartir esa sabeduria mesturada con bo humor.

    ResponderEliminar