lunes, 8 de octubre de 2012

O Sabadiño do Roque. De viaxe por Galicia: Lugo

O pasado sábado Roque, Andrea e Óscar voltaron á biblioteca para amenizar a mañá aos máis pequenos da casa. 
Comezamos coma sempre con dous estupendos contos progagonizados por animais: un  lobo feroz e un pequeno crocodilo en busca da súa mamá.

Despois, tal e como anunciáramos o mes de setembro, descubrimos que Roque recibira na biblioteca unha carta do seu avó Agustín, na que lle contaba ao seu neto que agora que está xubilado vai adicarse a percorrer Galicia de cabo a rabo. Contounos que visitou recentemente en Lugo, e grazas á súa carta e ás fotos que enviou todos puidemos coñecer un pouquiño mellor esta fantástica cidade de murallas milenarias!

Para rematar, xogamos entre todos ao lobo e como sempre despedímonos felicitando a todos os que estiveran de aniversario, e nesta ocasión tocoulle ao propio Roque, que cumpriu un ano na biblioteca!



Todas as fotos da xornada están colgadas no álbum da bibioteca.


Próxima sesión: sábado 3 de novembro ás 12.00h
Inscrición a partir do 15 de outubro

1 comentario: