lunes, 29 de octubre de 2012

Contos do Medio



O mércores 24 e xoves 25, para continuar cos festexos do Día da Biblioteca, celebramos na BPM Neira Vilas, e grazas á colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, dous interesantísimos obradoiros: os Contos do Medio, cada día destinado a grupos de idade diferentes. Coa axuda de Marcelo, achegámonos á nosa natureza, e poidemos manipular e aprender a distinguir diferentes froitos secos, como as noces, as landras ou as castañas, tanto as propias e as das indias. Tamén poidemos apreciar as diferenzas entre un carballo e un castiñeiro, os olores de diversas prantas aromáticas, como a menta ou o tormentelo e mesmo aprender a saber a idade dunha árbore contando os aneis das súas pólas.

Para rematar, non podían faltar na biblioteca os contos. A través do libro As estacións, de Iela Mari acompañamos a unha árbore ao longo dun ano de vida, e con Xaime e as Landras, de Tim Bowley, aprendimos como con moita vontade e cunha soa landra podemos crear un bosque cheo de fermosos carballos.


Podedes deleitarvos con todas as fotos das dúas sesións no Álbum da biblioteca

1 comentario:

  1. En esta actividad, disfrutamos de una forma diferente de la naturaleza, de la mano de bonitos cuentos y pudiendo, ver, tocar y oler diferentes plantas y frutos de la tierra, muchas gracias!!!

    ResponderEliminar