miércoles, 19 de septiembre de 2012

Programa de actividades na biblioteca: outubro/decembro 2012

Presentámosvos a programación de actividades na Biblioteca Xosé Neira Vilas para o vindeiro trimestre, de outubro a decembro de 2012


Comeza o outono, e con el volvemos de novo á rutina, ao traballo, á escola... Para facervos esta volta máis levadeira, o outono na biliboteca ven cargadiño de actividades e novas propostas que agardamos sexan do voso interese.

Continuamos coa programación de actividades permanentes, como os Sabadiños do Roque, que este ano ven moi viaxeiro e a Hora dos Contos, que pasa para os xoves. Despois do éxito das sesións do curso pasado, volven tamén os Arrolos e contiños para os máis cativos e os Contos dakí para o público adulto.

Pero ademáis, organizaremos novas sesións de Achégate á internet e Achégate á internet: Procura de emprego, celebraremos do Día das Bibliotecas con Francisco Castro e aprenderemos todos os segredos da cerámica con Emilia Guimeráns. Todo isto acompañado das mostras Follas caídas e Xabarín 18.


Se con esta información conseguimos abrirvos o apetito, podedes consultar todo o programa con detalle no seguinte enlace:



Tamén podedes acceder á programación a través do menú "A programación do mes" ou na "Axenda de actividades" da biblioteca.

 

2 comentarios:

  1. Graciñas por propoñernos un montón de cousas, pensadas para todo tipo de usuarios da biblioteca. Noraboa polo traballo que facedes e graciñas outra vez.

    ResponderEliminar
  2. Hola, son David Méndez Vázquez, era para dicirvos que collades o libro, o que vos deixen o nome onte.
    Moitas grazas por todo e enoraboa polo voso traballo

    ResponderEliminar