martes, 14 de agosto de 2012

O Sabadiño do Roque. Contos de papel

Este sábado Roque voltou unha vez máis á biblioteca para deleitarnos, xunto a Andrea e Óscar, coas súas historias e aventuras. 

Encantáronnos como sempre os contos de Andrea, especialmente a do homiño de papel, que encheu o seu corpo de cousas bonitas que viu polo mundo para poder contar aos nenos. Así, os nenos tamén fabricaron o seu propio monigote xigante coa súa propia silueta, e entre todos fóronos enchendo de fermosos debuxos e historias que contar.



A sesión rematou como sempre dándolle os parabéns a todos os que estiveron de aniversario, papás incluídos!

Só nos queda recordarvos que para a vindeira sesión o prazo de inscrición comeza o 17 de agosto, e que a próxima cita con Roque é o sábado 8 de setembro en lugar do día 1.

No hay comentarios:

Publicar un comentario