jueves, 24 de mayo de 2012

Comunícate en público. Seduce coa voz

Na tarde de onte a actriz e presentadora Uxía Blanco ofreceu un obradoiro no que expuxo algunhas das claves para comunicarse en público e facelo con éxito: vencer o medo escénico, saber modular a voz, ordenar as mensaxes... 

Importante tamén é a nosa linguaxe non verbal, o que expresamos co corpo ou tamén cos nosos silencios ou pausas, ás veces tan importantes como as propias palabras.

A través de experiencias, xogos e sinxelos exercicios os asisntentes achegáronse a esta interesante temática, que pode resultar ademais de grande utilidade, especialmente na vida profesional.

2 comentarios:

  1. Estas son as miñas nenas , fomos a coller libros de préstamo e quedamos a ver a Uxia Blanco, foi unha tarde moi agradable, e emocioname moito velas ahí. Saúdos e sempre lendo !!.

    ResponderEliminar
  2. Pasamos un momento estupendo escoitando a Uxia Blanco, e as nenas tamén colaborando un chisquiño.(Eva)

    ResponderEliminar