martes, 27 de marzo de 2012

Obradoiro de banda deseñada


Os pasados 21, 22 e 23 de marzo levamos a cabo na biblioteca un obradoiro de creación de cómic, impartido polo debuxante galego Fran Bueno, que actualmente traballa para a editora americana Image.

Ao longo destas tres sesións, e durante un total de seis horas, os participantes no taller achegáronse ás claves básicas para crear unha historieta: dende a creación do guión, non moi distinto dun cinematográfico, ata a súa plasmación na páxina dun cómic: viñetación, debuxo, entintado, coloreado, rotulación... Comprobamos así que cada un dos pasos ten un importante papel á hora de conseguir que unha historia funcione.

Rematada a teoría os alumnos tiveron ocasión de poñer en práctica o aprendido, e durante o resto de sesións foron creando - guiados por Fran Bueno -  a súa propia historia.




Podedes gozar co resultado deste interesante obradoiro no Álbum de fotos da biblioteca.

1 comentario:

  1. Moitas grazas a todos, e en especial a Fran Bueno, un tipo realmente "Bueno" en todolos aspectos. Agora a ver se rematamos "os deberes".

    ResponderEliminar