martes, 28 de febrero de 2012

Sopa de Letras. Obradoiro de cociña para adultos

O pasado sábado, para clausurar a mostra bibliográfica Sopa de Letras, que dende xaneiro ofrecía unha escolma dos nosos mellores libros de cociña, na biblioteca organizamos un obradoiro de cociña para adultos, coa inestimable axuda de Milagrosa, que deseñou un delicioso menú que elaboraron todos os participantes neste taller culinario e que podedes consultar no seguinte enlace:


Un a un fóronse explicando os diferentes pasos para preparar as distintas receitas, todas elas exquisitas, coas que os nosos gourmets tiveron a ocasión de deleitar os seus padais!

Todas as fotos do obradoiro no Álbum da biblioteca.

3 comentarios:

  1. Fun un dos afortunados que asistiu a esta experiencia de facer un obradoiro de cociña nunha biblioteca, unha experiencia que agardo que non sexa irrepetible.
    Quédanos moito por aprender, despois de comprobar como Marimí mestura ingredientes e lle saen uns entrantes para chupar os dedos, unhas sobremesas que pouco máis hai que botarnos da biblioteca con auga quente. ¿quen quería ir comer a casa coas cousiñas ricas que había enriba da mesa?.
    Gracias Marimí por impartir un obradoiro tan apetitoso ( houbo usuarios da biblioteca que tiveron moita envexa e eu enténdoo perfectamente).
    Gracias ó persoal da biblioteca, en especial a Mar e tamén a Susana por ese catalogo.
    Gracias compañeiras, porqué estou seguro que somos os mellores alumnos dun obradoiro de cociña impartido na biblioteca "Xosé Neira Vilas".

    ResponderEliminar
  2. Unha mañá estupenda!! para as limitacións de dar un obradoiro de cociña nunha biblioteca, podo dicir que mellor imposible, ou non é imposible? iso só o poderemos saber con outro obradoiro! hehe

    Graciñas por todo, en especial a Milagrosa, pola súa dispoñibilidade, sorriso é un incribel menú!

    ResponderEliminar
  3. Sentínme moi afortunada de poder participar nesta xuntanza gastronómica da man da biblioteca Neira Vilas.
    Un pracer aprender de Marimí e compartir con ela o seu entusiasmo polo bo facer na cociña.
    Espero repetir a experiencia.
    Moitas grazas.

    ResponderEliminar