jueves, 16 de febrero de 2012

Estoxos Viaxeiros. Xapón

Este sábado os nosos Estoxos Viaxeiros leváronnos ata o lonxano oriente, nada máis e nada menos que ata Xapón, acompañados dunha guía de luxo, a nosa socia Mari Hashimoto.

Despois de coñecer o mito que explica a orixe de Xapón, un amigo moi especial, Doraemon, convidounos a viaxar ata alí grazas a un magnífico trebello sacado do seu peto máxico: un aro que fomos atravesando para chegar ao país nipón. Unha vez alí, montamos no metro para ir comer sushi, para o que tivemos que aprender a usar os paus. Da man de Mari tamén vimos como é o saúdo tradicional, como se dan as grazas, como funciona o seu sistema de escritura e moitos outros aspectos da súa cultura.
E para rematar, como en cada estoxo, merendola a base duns deliciosos doces de arroz e fariña de soia.

Todas as imaxes desta fantástica viaxe na sección "As nosas fotos"



No estoxo Destino: Xapón podedes atopar:
   Kimonos, de Annelore Parot (libro)
   Papiroflexia, de Vicente Palacios Garrido (libro)
   Chicas de instituto, de Towa Oshima (manga)
   El gorrión, de Pilar Obón (libro)
   El maestro de muñecas kokeshi, de Mika Murakoa (libro)
   La leyenda de Urashima, conto tradicional (en papel)
   Fichas didácticas sobre Xapón
   Mapa
   Alfabeto
   Revista xaponesa
   Receitas tradicionais (6)
   Paus para comer
   Bolsiña de bólas
   Caramelos Kitty
   Sin Chan
   Lazos de cores
   Paxaro de papel (origami)
   Cartafol Crea:
        Kitty
        Sin Chan
        Doraemon
   Cartafol de manualidades
        Crea a túa boneca xaponesa
        Papel origami
        Stencil set Kitty
        Crea o teu bombón de chocolate
Caderno de notas

Estoxos viaxeiros
De outubro a xuño, o segundo sábado de cada mes ás 12.00 horas
Próximo destino: China

2 comentarios:

  1. Ludoteca Hoy por Mañana13 de marzo de 2012, 20:01

    Os nenos e nenas da Ludoteca "Hoy por Mañana" disfrutamos do estoxo de Xapón durante unha semana na que aprendimos moitas cousas deste lonxano país.
    A Pablo o que máis lle gustou foi a comida xaponesa que tiña moi boa pinta. Kemily disfrutou moito co conto tradicional do Gorrión, no que todos aprendemos unha boa moralexa. A Úrsula chamoulle moito a atención que os xaponeses comeran con palillos.
    Ademáis disfrutamos moitísimo coas manualidades,xogos típicos, libros, e información sobre Xapón. O venres, día do cine na ludoteca, vimos a película que viña no estoxo: "El castillo ambulante".
    Por parte dos monitores da Ludoteca dar as gracias por facilitarnos este material e dende aquí aplaudimos esta iniciativa que achega os rapaces a outros paises e culturas.
    Un saudo dende a Ludoteca Hoy por Mañana

    ResponderEliminar
  2. Moi chulo este estoxo! Deunos para facer manualidades en papiroflexia aqueles que temos dúas mans esquerdas :)

    ResponderEliminar