jueves, 12 de enero de 2012

O Sabadiño do Roque

O pasado sábado 7 de xaneiro volvemos a gozar na Biblioteca cunha nova sesión do Sabadiño do Roque. 

Cos seus inseparables amigos, Andrea e Óscar, escoitamos fantásticas historias, como a de Panatas, o parrulo que quería aprender a nadar, a da ratiña que que estaba de aniversario, ou a da Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, todo un clásico que segue facéndonos rir cada vez que o lemos!

Como sempre, Roque uniuse a nós despois dos contos (xa sabemos que é algo durmilón) e estívonos contando que tal o pasara durante as festas do Nadal. 

E para rematar, unha sarta de xogos do máis animado para poñernos de novo en forma despois das vacacións! Non se lle pode pedir máis á mañá dun sábado!

Agardámosvos o vindeiro mes, que vai ser do máis amoroso...

O sabadiño do Roque
De outubro a xuño, o primeiro sábado de cada mes ás 12.00 horas

1 comentario:

  1. Nico e máis eu (seu pai) fomos e estivemos na historia de Panatas, pero despois tivemos que marchar porque a Nico eralle hora de xantar, ó mellor poderiase adiantar un pouco, non sei se hai máis xente que estea nesta situacón.
    De todos xeitos, moitas gracias por seguir facendo actividades para toda a familia.
    Un saudo

    ResponderEliminar