martes, 2 de agosto de 2011

Peche da Biblioteca Xosé Neira Vilas


Con motivo da instalación do mobiliario definitivo da Biblioteca Xosé Neira Vilas, adxudicado pola Consellería de Cultura e Turismo, que inclúe unha parte importante de mobiliario de obra, a biblioteca permanecerá pechada entre o día 8 de agosto e o 8 de setembro de 2011.

A actividade habitual da Biblioteca Xosé Neira Vilas reanudarase o venres 9 de setembro no horario habitual.

Mentres a biblioteca permaneza pechada, manterase o servizo de devolución de préstamos, en horario de 11.00 a 13.00 horas, de luns a venres.

Comunicación oficial do peche da Biblioteca Xosé Neira Vilas