miércoles, 7 de diciembre de 2011

O Sabadiño do Roque. Contos de Nadal

O pasado sábado tivemos ocasión de gozar dunha nova sesión do Sabadiño do Roque no que, como non podía ser doutra forma nestas datas, falamos das festas do Nadal.
Así, coñecimos primeiro a historia da Xirafa Chufa e o seu baile de Nadal, pero tamén a da Ratiña Lola ou a de Martiño, cando a noite de Reis lle entraron unhas irresistibles ganas de facer pis... Por último, tivemos tamén a oportunidade de escoitar os berros de dor dun rei moi especial o día que se lle cravou un alfinete nas súas reais pousadeiras!!
Tras escoitar estes fabulosos contos, que arrincaron sorrisos a grandes e pequenos, chegou o momento que os máis cativos esperaban: Roque volveu a presentarse na biblioteca, esta vez cun grande problema: escribir a súa carta aos Reis Magos! Entre todos axudámolo a confeccionala, recordando sempre que non debemos ser demasiado pedichóns...
E para rematar tan estupenda mañá, fixemos un ensaio da noite de fin de ano, probando a escoitar as 12 badaladas, e con cada unha, un gusanito para a barriga... Tampouco podía faltar o "champín" para brindar e desexarnos unha feliz entrada no 2012!!


Todas as fotos desta animada xornada na sección "As nosas fotos".


O sabadiño do Roque
De outubro a xuño, o primeiro sábado de cada mes ás 12.00 horas

1 comentario:

  1. Mola moito os sabadiños de Roque pero e un pouquiño para pequenos poidesen facer para pequenos e maiores, pero non para tan maiores mais ou menos para nenos de 10 a 14 anos

    ResponderEliminar