lunes, 13 de junio de 2011

Os Sabadiños. Mamá gansa e as vogais

Pasou xa o segundo dos nosos Sabadiños, e de novo nenos e maiores gozaron desta xornada de animación á lectura na que A mamá gansa e as vogais foron os protagonistas. Dun xeito ameno e divertido, repasamos os números e axudamos á mamá gansa a atopar as vogais perdidas na biblioteca.

Tras unha breve pausa musical, continuamos a nosa busca, nesta ocasión das palabras perdidas de varios minicontos que atopamos en forma de pictogramas.

 
E para rematar esta axetreada mañá de sábado, todos os participantes puideron facer o seu propio marcapáxinas e levalo para casa. Agardamos que lle dean moito uso!

Como sempre, todas as imaxes deste Sabadiño están na sección "As nosas fotos".


Próxima sesión: sábado 18 de xuño
Conto: Onde viven os monstros

1 comentario:

  1. Noraboa!! Parece que a Biblioteca vai vento en popa! Moito ánimo para seguir con esta labor!

    ResponderEliminar