martes, 10 de mayo de 2011

Presentación do libro Toponimia do Val do Fragoso. Lavadores


Hoxe ás 18:00 h. da tarde o Concelleiro de Cultura, Xesús López Carreira, e o Vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, Xosé Henrique Costas, presentaron  ante un interesado público o segundo volume de Toponimia do Val do Fragoso: Lavadores. A obra, de Iván Sestay, fai un exhaustivo estudo dos topónimos do barrio de Lavadores, afondando na súa orixe e nos seus significados.
 
Proximamente a Biblioteca Xosé Neira Vilas acollerá un coloquio co autor, que compartirá con todas aquelas persoas interesadas as súas investigacións ao redor desta histórica parroquia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario