martes, 3 de mayo de 2011

Premios AELG 2011



A Asociación de Escritores en Lingua Galega entrega os seus premios anuais na Cea das Letras.

O pasado sábado 30 de abril a AELG fixo entrega dos seus galardóns, que premian as mellores obras editadas en 2010 en diferentes modalidades.

A continuación referimos as obras premiadas:
  • Literatura Infanto-xuvenil: O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro.
  • Narrativa: Todo é silencio, de Manuel Rivas.
  • Poesía: Estremas, de Ana Romaní.
  • Teatro: Flores de Dunsinane, de Manuel Lourenzo.
  • Ensaio: O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de María Pilar García Negro.
  • Tradución: Marga do Val, pola tradución de Randea do alento (de Herta Müller).
  • Mellor Traxectoria en Xornalismo Cultural: Ramón Nicolás.
  • Mellor Blog Literario: O levantador de minas, de Alfredo Ferreiro.

Alén destas categorías, entregáronse outros dous galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:

  • O Premio Institución Cultural que se caracterizase pola súa contribución á divulgación da literatura galega, que este ano foi para a Fundación Penzol, por ser un proxecto de país, creado para permanecer e dar ás novas xeracións o noso legado cultural, e que chanta as súas raíces na necesidade de crear unha biblioteca e un centro de documentación e de estudos da nosa lingua e da nosa literatura. A Fundación Penzol leva achegado ao longo de case que medio cento de anos froitos xenerosos e necesarios á cultura do noso país, pois o seu carácter aberto acolle a todos os investigadores e investigadores que aos poucos van deitando a necesaria luz sobre a historia cultural de noso.
  • O Premio AELG 2011 Escritor Galego Universal, outorgado pola Asemblea ao escritor Antonio Gamoneda, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario