jueves, 19 de mayo de 2011

Lois Pereiro. Recital poético-visual



O pasado luns 16 de maio ás 19.00 horas a Biblioteca Xosé Neira Vilas, dentro das actividades de conmemoración do Día das Letras Galegas, acolleu unha lectura pública e un recital poético-visual adicado ao homenaxeado neste ano 2011, Lois Pereiro.

O acto, ao que se achegou numeroso público, comezou coa lectura aberta da biografía do poeta, repasando os momentos máis salientables da súa vida e presentando así mesmo a súa obra. Tras este primeiro achegamento á figura de Lois Pereiro, no que participou o concelleiro de Cultura Xesús López Carreira, os escritores Olga Patiño e Francisco Fernández Naval deleitáronnos a dúo cun recital poético no que interpretaron algúns dos versos máis significativos do poeta monfortino. Acompañounos nesta homenaxe a fotógrafa Maribel Longueira, que presentou un poema visual adicado a Lois Pereiro e realizado ex profeso para a ocasión.

Para pechar a velada, algúns dos asistentes á homenaxe  animáronse tamén a recitar tanto creacións propias adicadas a Pereiro, como versos dalgúns dos nomes máis destacados das noas letras.

Podedes consultar todas as imaxes do recital na sección "As nosas fotos".

1 comentario: